A Volta no Mar. Concentracións de embarcacións tradicionais


Os vindeiros 23 e 24 de agosto co gallo da saída da Vuelta a España van ter lugar tres concentracións de embarcacións tradicionais baixo o lema “A Volta no Mar”. Estas concentracións están patrocinadas pola Deputación de Pontevedra no marco do proxecto Proamare que busca a posta en valor do patrimonio marítimo da rexión Galicia-Norte de Portugal e a súa promoción turística como elemento de calidade, para o que se van aproveitar as sinerxias creadas arredor dun evento de caracter internacional como é a Vuelta.

O venres 23 coincidindo coa Gala de presentación da Vuelta concentraranse no entorno do Gran Hotel da Toxa arredor de 30 embarcacións tradicionais que navegarán entre as 18:30 e as 19:45 h aproximadamente. O sábado 24 haberá sendas concetracións case simultaneas de arredor de 30 barcos, unha en Vilanova, coincidindo coa saída da Vuelta e outra en Sanxenxo coincidindo coa chegada da primeira etapa. En Vilanova navegarase no mesmo horario 18:30-19:45 h. E en Sanxenxo a navegación será ente as 18:45 e as 20:00 h.

As zonas de navegación poden verse ampliadas pinchando nas imaxes.

Etiquetas

2 cometarios sobre “A Volta no Mar. Concentracións de embarcacións tradicionais

  1. Nom sei quantas embarcaçons houvo finalmente, mas o pago com certeza deveria ser trinta moedas para cada um dos participantes

Comments are closed.