“A xacia Luviñas”. Un conto sobre os rios

Anxo Moure ven de publicar o libro “A xacia Luviñas” (ed. Sotelo Blanco), un conto sobre os rios que recolle nas ilustracións de Cristina Ouro as diferentes embarcacións de rio tradicionais de Galicia.

Para presentalo construíu unha barca tradicional de rio, un batuxo, púxolle unhas vellas rodas de patinete e anda tirando por el cargado de nenos polas prazas, polas ruas, polos parques, contando as historias da xacia Luviñas e outros contos sobre os rios. Contos de xacias e homes-peixe, de lavandeiras e barbos, e troitas, e lampreas…

Etiquetas

Un comentario sobre ““A xacia Luviñas”. Un conto sobre os rios

Comments are closed.