A xornada “Embarcacións patrimoniais: navegando por un mar de dubidas”


O pasado venres tivo lugar en Cambados a Xornada “Embarcacións patrimoniais: navegando nun mar de dúbidas” organizada pola Consellería do Mar dentro das actividades do Proxecto NEA2.

François Arbelot, coordinador técnico do NEA2, explicou a actividade do NEA2 e a importancia do nautismo como motor de desenvolvemento e oportunidade de cooperación ente rexións marítimas europeas. Francisco Alonso, representante da DGMM, fixo un repaso a situación da lexislación marítima española ao respecto do barcos de interese patrimonial, con exemplos concretos dos procedementos seguidos coa matriculación de tres barcos representativos de distintos tipos. Paul Robert, Director do Atelier de l’Enfer en Douarnenez, fixo un repaso a flota bretona de barcos patrimoniais de gran eslora e os mecanismos de financiación e a operativa deste tipo de barco. María Diz, Secretaria Xeral de Protección do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, expuxo os mecanismos que a lexislación galega e e española de Patrimonio ofrecen para a protección das embarcacións patrimonias. Pablo Carrera, director do Museo do Mar de Galicia, dou conta dos esforzos levados ata agora para o recoñecemento do caracter patrimonial destes barcos. Elvira Mata, Directora Técnica do Museu Marítim de Barcelona, expuxo a experiencia do Museu na xestión do seu patrimonio á flote, que inclue desde pequenos barcos de pesca ata unha goleta de considerable eslora, e tamén a doutros barcos similares do litoral catalán. E Oscar Fuertes, arquitecto e representante do Proxecto Dorna, mostrou a situación do inventario de estaleiros e embarcacións que se está levando adiante dentro do Proxecto, e sobre todo as posibilidades que a ferramenta informática ofrece nun futuro para completar e manter actualizado o inventario.

Poderíamos resumir o falado nas Xornadas en que hai necesidade dunha lexislación específica para embarcacions de interese patrimonial xa que se pode decir que neste momento están nun “limbo normativo”, pero que coa actual lexislacion é posible mellorar a situación actual se se enfoca convenientemente o traballo futuro. Parece que por parte das Adminstracions, tanto da DGMM como da Consellería de Cultura hai vontade de axudar, dentro da lei vixente, a minimizar as dificultades que neste momento teñen as embarcacións de interese patrimonial.

Parabéns aos organizadores por ter artellado este foro que foi moi util para que os axentes implicados na conservacion a activación dos barcos de interese patrimonial poidan ter un contacto persoal e nun ambiente que favoreceu o intercambio de puntos de vista, e que esperemos que fructifique en melloras no medio prazo.

A noticia na prensa:

Las embarcaciones tradicionales también representan un reclamo para las rías
A flota patrimonial segue á espera dun marco legal propio
El debate sobre los barcos tradicionales
demuestra su importante tirón
(Faro de Vigo)

(Foto Lino Prieto)

Etiquetas