Abandeiramento e matriculación: novo decreto

O pasado sábado publicouse no BOE o Real Decreto 1435/2010, de 5 de noviembre, por el que se regula el abanderamiento y matriculación de las embarcaciones de recreo en las listas sexta y séptima del registro de matrícula de buques.
Este novo decreto simplifica moito o proceso de matriculación, e cambia moitos requisitos para rexistrar unha embarcación.
No que respecta ás embarcacións tradicionais di no art. 3.2:

No estarán obligadas a su registro, o se regularán por su normativa específica, las embarcaciones históricas y tradicionales, así como las embarcaciones de regatas que estén destinadas exclusivamente a la competición y los artefactos flotantes o de playa.

Hai que agardar por tanto a que a DGMM clarifique o significado concreto deste artigo. Está previsto que a finais deste mes se organicen unhas xornadas sobre embarcacións patrimoniais onde se espera que participen representantes da DGMM, polo que poden ser unha boa oportunidade para ter información de primeira man sobre este tema.

Etiquetas

3 cometarios sobre “Abandeiramento e matriculación: novo decreto

  1. Imos ter que decir que unha dorna é un artefacto flotante? A ver si se aclaran que xa é tempo.

    1. Se leras ben, non farías esas preguntas. E por outra banda, mellor ter que decir que é un artefacto flotante que ter que pagarlle os planos a un enxeñeiro naval.

  2. Parece un paso na boa dirección.
    Do mesmo xeito que non ten sentido ningún que os barcos de recreo se regulen polos memos principios que os mercantes ou de pesca, as embarcacións tradicionais non deben ter os mesmos requisitos que as embarcacions de recreo modernas.
    A ver como vai evolucionando esto….

Comments are closed.