Aberto o prazo para presentar candidaturas ao XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Ata o 9 de marzo de 2014 ás 24:00 h poderá presentarse candidatura para organizar o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia no verán de 2015.

As asociacións e entidades interesadas en organizar o XII Encontro deberán consultar as Bases para a presentación de candidaturas, que pretenden ser unha guía para axudar no artellamento da candidatura. Nelas están os requisitos obrigatorios que deben cumprir as candidaturas para ser tidas en conta, e consellos sobre diferentes aspectos da organización do Encontro.

Animamos a todos os interesados a contactar coa Xunta Directiva da FGCMF para obter calquera información ou consello que poidan precisar para elaborar a candidatura.

Unha vez pechado o prazo estudaranse as candidaturas presentadas e será a seguinte Asemblea Xeral da FGCMF quen decida a candidatura elixida, no mesmo mes de marzo.

A presentación de candidaturas pode facerse por correo electrónico ou por correo postal aos enderezos da FGCMF

Etiquetas

2 cometarios sobre “Aberto o prazo para presentar candidaturas ao XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

  1. SAUDAÇÕES MARINHEIRAS
    A todas as tripulações dos barcos dos nossos amigos Galegos, desejo Boas Festas e um próspero Ano Novo, cheio de saúde e êxitos, no seio da Federação Galega pela Cultura Marítima e Fluvial.
    Bem hajam !

    1. Obrigado!!
      O mesmo desejo para os nosos amigos portugueses, Boas Festas e que o 2014 traga bons ventos para todos!

Comments are closed.