Abre a Casa Mariñeira Don Fernando en Portonovo

Inaugurouse recentemente en Portonovo a Casa Mariñeira Don Fernando. Este espazo, unha casa do século XIX, vai ser un pequeno museo da vila, un punto de información turística, e un aula de formación. Para encher de contidos a Casa os Amigos da Dorna de Portonovo cederon temporalmente a dorna Bicoca para exposición, e un veciño cedeu unha pequena motora para expoñer no exterior. Xunto a estes barcos hai fotografías antigas, unha colección de cunchas, e material relacionado co traballo no mar.
A noticia en CanalRiasBaixas.com, Faro de Vigo

Etiquetas