Abre o 50 Saló Nàutic de Barcelona

Ata o 13 de novembro vai estar aberto o 50 Saló Nàutic de Barcelona. E como en recentes edicións vai contar co Espai Marina Tradicional, pero por esta vez a FGCMF non vai estar presente, xa que os problemas económicos que estamos sufrindo fan imposible o envio de barcos ou stands ao Saló.
Pero a presencia galega si se mantén, porque Agalcari desprazou varios barcos e un stand. Desexámoslles a Agalcari que teñan o mesmo éxito do ano pasado, onde a Sara foi un dos barcos máis visitados do Saló.

Etiquetas