Abre temporalmente o Museo do Mar de Laxe

Ata o vindeiro domingo vai estar aberto o novo Museo do Mar de Laxe. A partir desa data volverá pechar ata a súa apertura definitiva.O horario de visita será de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h.

O museo está centrado no mar, pero tamén ten materiais sobre o Laboratorio Xeolóxico de Laxe e o seu creador, Isidro Parga Pondal, sobre a saga de fotógrafos Vidal, e sobre o territorio do Concello de Laxe.

A sección adicada ao mar organízase arredor dos tipos de pesca que se fan ou facían en Laxe, cunha serie de maquetas de moita calidade que mostran os barcos e os aparellos. A salga está presente cunha maqueta que mostra o proceso de traballo e outra un galeón típico da zona. A sala conta con outros materiais tamén singulares, como unha gravación en color dos anos 60 que mostra a recollida dun boliche na praia de Laxe.

Tamén ten o seu espacio o naufraxio do buque Adelaide, un carboneiro inglés do século XIX, cunha escepcional maqueta do barco e diversos obxectos recuperados do seu pecio.

Paga a pena unha visita demorada e este museo.




Etiquetas

2 cometarios sobre “Abre temporalmente o Museo do Mar de Laxe

Comments are closed.