Achégase o mal tempo

É tempo de poñer os barcos en terra. Ainda hai calor, moita para este tempo, pero pronto chegarán os temporais. Nos portos os colectivos da FGCMF traballan para deixar os seus barcos a cuberto. Na Illa de Arousa a ACD Dorna xa ten os barcos nos seus locais e o Rei do mar está no varadoiro para poñelo a punto. En Portonovo os Amigos da Dorna tamén están levando para terra os barcos. E máis ao norte os Patexeiros de Sada sacan os barcos do mar, non queren volver sofrer os problemas e danos que lles causaron os temporais o ano pasado.

Algúns barcos ainda quedan no mar, uns coa esperanza de ter un bo outono que permita navegar, e outros porque non lles queda outra, non todos os colectivos teñen espazo a cuberto en terra.

(Imaxe: Rei do mar, ACD Dorna)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *