Achégate á Vela Tradicional 2012. Combarro – Pontevedra

Os vindeiros sábado 27 e domingo 28 de outubro van ter lugar as xornadas Achégate á vela tradicional, organizadas polo Concello de Poio e o Concello de Pontevedra coa colaboración da Reiboa.
Os obxectivos son divulgar a vela tradicional galega, dando a coñecer os tipos de embarcacións, de aparellos, a súa historia, os utensilios, as formas de navegar e todo o movemento asociacionista que xira arredor deste xeito de entender a navegación.

Xunto coa teoría haberá a correspondente navegación entre Combarro e as Corbaceiras en Pontevedra. O prezo de inscrición é de 12 euros (incluindo seguro, clase teórica e saída en dorna). As prazas son limitadas e a data límite para apuntarse é mañán mércores 24.

A noticia no Faro de Vigo

Etiquetas