Actas do I Congreso Nacional de Arqueología Naútica y Subacuática Española

Ven de publicarse o libro das actas do I Congreso Nacional de Arqueología Naútica y Subacuática Española, organizado en Cartagena en 2013 polo Museo Nacional de Arqueología Subacuática(ARQUA).

Este volume de 1248 páxinas recolle as comunicacións do Congreso cuxo obxectivo era presentar a evolución e os logros da arqueoloxía náutica e subacuática en España. Quen siga os foros relacionados coa arqueoloxía subacuática saberá que a situación non é percibida polos seus protagonistas como boa, tanto no referido a financiamento como a organización e lexislación, pero a pesares diso nestas actas queda claro que sí hai moitas persoas que están a traballar neste sector ainda que nunhas condicións manifestamente mellorables.

Respecto da presenza da costa galega nas actas, abaixo copiamos os títulos que falan directamente dos xacementos galegos, pero o mar no ten lindes, e hai moitas outras comunicacións que lle serán de útilidade aos interesados na arqueoloxía subacuática en Galicia. En resumo, unha magnífica obra que nos dá unha pequena idea do enorme patrimonio somexido que nos rodea.

Estas son comunicacións relacionadas con Galicia:

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.