Actividades no Morrazo

Como xa comentamos antes, no Morrazo estase a levar adiante unha experiencia moi interesante e certamente novedosa en Galicia.
Tres asociacións, Os Galos de Bueu, Sueste de Moaña, e Mar da pedra de Cangas, membros da FGCMF, colaboran coa Vicepresidencia de Igualdade e Benestar, na realización dun Obradoiro de carpintería de ribeira, onde mozos de ambos sexos poderán coñecer mellor o mundo do mar a través da recuperación dunha embarcación tradicional.
Abaixo podedes ver os rapazes participantes, ao lado dun vello choupan, e na galeria correspondente fotos do traballo de construción dunha réplica.

Morrazo5

 

Ademáis deste obradoiro, organizouse tamén a actividade “Singraduras no Morrazo”, consistente en que rapazes de toda España navegan polas costas do Morrazo en barcos tradicionais, durmindo en diferentes lugares acondicionados para a ocasión. Abaixo podes ver os barcos varados nunha praia.

Morrazo6

 

Etiquetas