Acto previo ao XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – Combarro-Poio 2017:

O vindeiro venres 19, no Museo de Pontevedra, terá lugar un dos actos previos ao XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – Combarro-Poio 2017:

Conferencia a cargo de Bernardo Maiz: “O mar na historia de Galiza”. Un percorrido, non exento de datos e anécdotas, sobre os principais feitos que condicionaron a nosa cultura, o noso xeito de entender o mar e como o ocupamos e vivimos.

Data e hora: venres 19, ás 19:30 h.

Lugar: Sexto edificio do Museo de Pontevedra, rúa Padre Amoedo Carballo, 3.

Antes da conferencia farase unha breve presentación do Encontro.

 

 

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *