Actualizamos o calendario outra vez

Vimos de incorporar ao Calendario de actividades a III “Que Inchadiña branca vela”. Homenaxe do mar a Rosalía de Castro, subida do rio Ulla e Sar ata Padrón, organizada pola ACD Dorna, e tamén a XII Xuntanza de embarcacións tradicionais de Moaña, organizada por Sueste.
Cambiaronse tamén as datas dalgunhas regatas de dornas debido á coincidencia de varias o mesmo día.

(Imaxe: o Eliseo. Sueste)