«Adhesiones y consensos durante el primer franquismo: la Galicia marinera (1936-1954)»

Dionísio Pereira ven de publicar o traballo «Adhesiones y consensos durante el primer franquismo: la Galicia marinera (1936-1954)» dentro do libro «No solo represión. La construcción del franquismo en Galicia» coordinado por Julio Prada e publicado por Editorial Biblioteca Nueva. Con este traballo, que incide na consolidación do franquismo no mundo do mar sustentado nas Confrarías de Pescadores, remata polo momento, un ciclo temático sobre a historia social da pesca galega na etapa contemporánea, xa esbozado no seu libro «Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)» (Ed. Xerais, Vigo, 2010).

O ciclo inclúe os seguintes ensaios, todos eles accesibles no seu blog http://pereiravences.blogspot.com :

* “Antagonismo e memorias cruzadas na pesca: o caso galego”,- Allegret, J. L. e Carbonell Camós, E. (Eds.), «La Patrimonialización de la Cultura Marítima», Institut Catalá de Recerca en Patrimoni Cultural, 10, Girona, 2012/Murguía. Revista Galega de Historia nº 25 xaneiro-xuño 2012, Santiago, 2012. Unha reflexión sobre a hexemonía da memoria transmitida pola Patronal, no eido pesqueiro contemporáneo.
* «Os Pósitos de Pescadores: do Antigo Réxime á IIª República. Unha iniciativa conciliadora?», Minius, Revista de Historia, Arte e Xeografía, Dossier «O Mar na Historia», nº21, Departamento de Historia, Arte e Xeografía, Universidade de Vigo Campus Ourense, 2013. Unha recapacitación sobre o papel construtivo e modernizador dos Pósitos de Pescadores na Galiza.
* «Capitalismo pesquero y sindicalismo en la España de anteguerra: la Federación Nacional de Industria Pesquera», Revista Andaluza de Antropología, Nº4, marzo de 2013. Unha visión máis global e a escala estatal da capacidade organizativa dos pescadores anarcosindicalistas galegos, sustentada nalgúns aspectos antropolóxicos.

Etiquetas