Agresión contra a Escola da Navegación Tradicional da ACD Dorna




As fotos de arriba son dos furados feitos cunha machada, presumiblemente, nunhas dornas que pertencen á Escola de Navegación Tradicional da Illa de Arousa.
Este feito é de suma gravidade, polo feito en sí e polo que representa de atentado deliberado contra o patrimonio marítimo, e contra as persoas que traballan para que dure e permaneza.
A continuación transcribimos un comunicado feito polos presidentes da ACD Dorna e da FGCMF.

A ESCOLA DE NAVEGACIÓN TRADICIONAL SUFRE UNHA NOVA AGRESIÓN.

Este fin de semán, tres embarcacións das que a ACD. Dorna usa na praia do Bao, sufriron unha agresión consecuencia da cal taboas de tres de elas forón furadas presumiblemente con unha machada.
Este non é un feito aillado, xa se teñen rexistrado pequenas sustracións e a mais significativa fora o roubo de unha dorna. Cando toda a flota está inmersa nos preparativos dunha nova tempada, que este ano ten tamén como referencia a cidade francesa de Brest 08 e a salientable participación da ACD. Dorna, unha das asociaciacións mais activas da Federación Galega pola Cultura Maritima e Fluvial (FGCMF). Os destrozos ocasionados nas embarcacións, as únicas que estaban o aire libre, supoñen un baixón de moral e veñen a poñer de manifesto unha vella reivindicación da ACD. Dorna e da propia FGCMF.

Nos tempos do recoñecemento a nivel europeo da importancia da nosa cultura maritima e fluvial, convidados de honra en Brest08, convidados tamén a participar no European Maritime Heritage, que se desplaza a Vigo a finais de maio próximo, para compartir o seu congreso e coñecer mais de cerca un traballo e unha realidade que impresiona en toda Europa, a Escola de Navegación de Tradicional da Illa de Arousa, non ten un local onde traballar e non será porque non se teña pedido.
Ata hoxe as embarcacións da Escola da ACD. Dorna así como a de outras asociacións que tan importante labor no cultural e no deportivo, estan a desenvolver, deambulan ano tras ano buscando unha nave que algún particular cede desinteresadamente, e así vamos. Os que se arriscan a facelo nas “instalacións” o aire libre, o carón da praia onde está a asociación, acaban unha vez mais lamentando.

A primeira vez foi un remolque, logo xa viñeron pola dorna agora rompen as embarcacións. Dende a Escola e dende a propia FGCMF levamos anos poñendo de manifesto a situación de deficiencia en infraestructuras, que non soio nos impide medrar e facer o noso traballo desinteresado, senon que nos pon atrancos.
A precariedade do traballo das asociacións volve a quedar de manifesto, canto teremos que esperar a seguinte agresión? Cando por parte da Administración sexa cal sexa se darán facilidades para promocionar e conservar con dignidade o noso patrimonio maritimo e fluvial?

ACD. Dorna
Uxio Allo.

FGCMF.
Fernando Piñeiro.

Etiquetas

7 cometarios sobre “Agresión contra a Escola da Navegación Tradicional da ACD Dorna

  1. Lamentabel feito abofé. Agora outra cousa. Xa está ben de apostilar á Brest o de francesa. Eu diría máis ben que é bretona primeiro de todo. O de francesa soa a simplificador.

  2. Una panda de “bárbaros”, por calificarlos suavemente de algo, no han de poder con todo el trabajo bien hecho que estáis haciendo en Galicia.
    Ánimo, a reponer tablas, y al agua otra vez!
    Saludos desde esta esquina del Mediterráneo.

    1. tedes algunha idea de quen poden ser eses terroristas?

      …aquí estamos para o que faga falta…

  3. Aos amigos da Galiza, duas palavras:
    SOLIDARIEDADE,
    ESPERANÇA, de que tão breve quanto possível consigais
    guardar vossas embarcações a bom recato; finalmente,
    que tal acto não tenha sido de malvadez, mas antes
    acção de um qualquer desgraçado, vítima das drogas,
    que cada vez mais prolifera nesta
    sociedade moderna.
    Cumprimentos,

    a) Albino Gomes
    Vila do Conde – Portugal

  4. Lamentabel atentado contra o noso Patrimonio. Espero se collan aos responsables e que consigades un fogar digno para a salvagarda de tan importante legado marítimo e cultural.

    1. LAMENTABLE

      Máis palabras non merecen quen fixo tal cousa.

      O feito, feito está. É tempo de buscar solucións, pois os problemas xa existen. Eu non son ninguén para opinar, pero se podo dicir unha cousiña, creo que é tempo de que a administración autonómica deixe de facer fotiñas -que tamén está ben, non digo que non- e colabore de verdade con compromiso … non falo de que dea cartos (que tamén, oh, que para iso os teñen e isto é de tod@s) senón de aplicar un pouco de sentidiño e deixar facer. No período 2007-2013 existen fondos estructurais (UE) con partidas específicas para a recuperación de vellas instalacións do patrimnio cultural material(véxase o caso das conserveiras) e pode que sexan chegados os tempos de apostar por esa liña para que cando menos a FGCMF ou unha asociación como AC Dorna dispoñan dunha nave en condicións -que ben a merecen-; porque os museos e centros de interpretación están moi ben, pero a cultura VIVA tamén terá que ter o seu espazo, non é?

      1. Non se entende

        A verdade e que xa está todo dito. So quero mostrar o meu apoio a Uxío e os seu compañeiros e a miña repulsa en contra de esa “xente” que non respeta nada, non o tremendo traballo que supón sacar adiante unha institución como esta, exemplo para todos de recuperación e difusión da cultura tradicional galega alen dos mares.

        Un saúdo e bo vento.

        Miguel.

Comments are closed.