Aguiño. Las últimas dornas gallegas. Libro

Gracias aos autores e a Central Librera que fixo a difusión podemos disfrutar dun pdf do libro Aguiño: Las ultimas dornas gallegas.
Este libro escrito por Fernando Cabrera de Aizpuru e Enrique Lechuga Lombos fai un repaso polo sistema de construcción das dornas a partir da experiencia dos irmáns Ayaso de Aguiño.
Explica paso a paso o proceso contructivo da dorna, fai un pequeno estudio das madeiras usadas tanto actualmente como no pasado, e tamén fai unha comparativa técnica entre o bote a chalana e a dorna.
O libro ten moitas fotografías, e na versión en papel tamén ten copias das plantillas usadas polos irmáns Ayaso, que desgraciadamente non aparecen na versión distribuida en pdf.
Este libro está prácticamente agotado polo que é moi de agradecer que os autores decidiran difundilo a traves de internet (para poder descargalo gratuitamente é preciso rexistrarse).
Quen queira consultar a versión en papel pode recurrir ás bibliotecas.

Etiquetas

8 cometarios sobre “Aguiño. Las últimas dornas gallegas. Libro

  1. Bos días:

    Como xa se di no artigo, as plantillas non aparecen na versión dispoñible online. Alguén sabe doutra versión onde si estean?.

    Por outra parte, estiven facéndo búsquedas nos catálogos das bibliotecas públicas pero non atopo este libro. Alguén sería tan amable de decir algunha biblioteca que teña este libro.

    Mil gracias.

    1. Ata onde eu sei está agotado, e ao tratarse de unha autoedición (feita polois autores) é complicado que volva a facerse unha tirada.

      1. Sobre a autoedición, hoxe en día é moi doado autoeditarse un libro porque xa hai empresas que fan impresión sobre demanda. Por exemplo lulu.com (Non teño ningún interese nesta empresa, pero é a máis coñecida). Agardo que no futuro se animen a publicalo de novo.

        1. Teño o libro nas mans e parece ser que o editor tivo o detalle de porlle o Depósito Legal (OU 3/2001), polo menos ao meu exemplar. E ata ten ISBN e todo 84-607-0602-8

          1. Hola, estaría interesado en saber donde compraste el libro “AGUIÑO: LAS ULTIMAS DORNAS GALLEGAS”, por si les queda algún ejemplar, ya que me interesa.
            Un saludo y gracias de antemano.

          2. Hola a todos:
            Estamos moi interesados en conseguir este libro e non o conseguimos en ningunha librería. No meu caso a obra é para unha institución, polo que se alguén me puidese poñer en contacto co autor llo agradecería moito.
            ë certo que o libro ten ISBN e DL pero non se cumpriu a obriga do DL xa que non está na BNE, nin na BNG, nin na nodal correspondente.
            Grazas

    2. A única onde é seguro que está é na da Universidade da Coruña. Nin sequera aparece na Biblioteca Nacional. Parece que o editor ou o impresor non fixo o depósito legal.

Comments are closed.