Airexa. Dorna de tope

No foro estase falando das posibilidades de evolución dos barcos tradicionais, e mencionouse a Airexa, unha dorna de tope de Cambados que é o único exemplar que existe da súa tipoloxía, xa que nunca foi adaptada ao motor e por tanto as súas liñas foron creadas para navegar a vela.
Acabamos de subir unhas fotos da Airexa para ilustrar a discusión. Para quen queira vela en directo, esta dorna ten o seu porto base en Santomé, Cambados.

Etiquetas

3 cometarios sobre “Airexa. Dorna de tope

  1. Ahí a está, grazas Xocas.
    E como diria S. Mörling, nesa praia de S. Tome podemos ver tamén, unha gamela das que andaba con vela latina en (de azul, en primeiro termo), logo o Tranchito (pinta branco cinta bermella) un loro famoso nos anos 60 e que gañou moitas regatas de loros (a remar) nas festas da Valbanera en Cambados, tamén estarán os loros Treixadura e Espadeiro da Asociación Unicornio, mais atrás un bote de Ribadeo, o Unicornio, e logo o “Chasula”, esta foto e do ano pasado, Sto. Tome. Cambados.
    A Airexa estos días está no pantalán e na rampla de TRagove o Hidria mais o Nieves. Ademais os que veñades tamén no pantalán esta a Jorita “racu· aparellado de balandro e polo muelle de sto. Tome o AVELINO E MANUEL, GALEÓN, EN FASE DE RECUPERACIÓN POLA ASOCIACIÓN CAMOSEIRA (INTERNASIONAL). Non veñades todos a un tempo, dosificade.

    Saúde e mar
    Fernando

  2. A Airexa tivo motor intraborda durante uns anos cando morreu Tito e a colleron os sobriños, para o cal se fixeron adaptacións, por exemplo no codaste, reforzo de cadernas e adaptación de timón. Máis tarde decidiron quitarllo e a dorna está agora como se ve nas fotos.

    1. A Airexa, tivo motor interior, porque llo puxo Fernando o sobriño de Tito, pero non funcionou ben.
      E antes levaba un “tocadiscos” de nome Britihs Seagul ou algo así.
      Pero orixinariamente non tiña motor de ningun tipo.
      Por certo mide 7,20 de eslora, (Recordavos a algo esas medidas?)

      Saude
      Fernando

Comments are closed.