Alegacións ao acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol

Máis de vinte asociacións de Ferrol van presentar alegacións ao plan do Ministerio de Fomento para a construcción do acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol.

As obras previstas por Fomento implicarán, se non se modifican, a práctica desaparición da posibilidade de navegar na enseada da Malata. Afectarán á Graña e á Cabana, e específicamente van afectar ás instalacións náuticas da zona, que dan servizo a gran número de persoas, e entre estas instalacións está o dique de marea da Cabana, un dos máis antigos de España.

A solución que plantexan estas asociacións é a construcción dun tunel submarino, e caso de que non sexa posible, a modificación do proxecto para permitir a navegabilidade da enseada da Malata.
Máis información no Diario de Ferrol
Actualización: O Concello de Ferrol tamén presentou alegacións

Etiquetas

2 cometarios sobre “Alegacións ao acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol

  1. Moi ben feito, xa postos que lle boten un alero á ponte para poder ir andando a Mugardos. Ah, non pode ser, que logo non entran os gaseiros 😉

    1. Pois,a pesare de certo “sarcasmo” no comentario.
      Cecais poidera ser a solución pra eliminar a bomba que supón ter unha planta de gas, dentro da ria, a poucos metros dun importante nucleo de población.
      Leendo istas alegacións, non vexo ningunha oposición a construcción da ponte, simplemente unhas ideas, moi ben encamiñadas, cara o futuro da bisbarra. ¿Quen duda? que dotar os poligonos de comunicación ferroviaria, seña mala idea pra o futuro dos mesmos, e as empresas alí instaladas, así como reclamo pra as que poideran vir.
      Por outra parte, dotar a ponte de altura suficiente pra a navegación e a eliminación de pilares, que faciliten a renovación das augas, de unha zona xa de por si, bastante deteriorada, polo “cuello de botella”, entre o muelle carboeiro, e un espigón, o da Cabana, que non permite a saida dos lodos, agás de sere un perigo pra a navegación, o non estare iste tan siquera sinalizado.
      O exemplo distes “tapóns”, istá a vista de todos. Vexase a desembocadura do rio da sardina, preto da feira de mostras e o campo de futbol.Ou mesmo a marxe alta da enseada da malata. A outro lado, a enseada de Caranza, moi preto da praia. E, non quero olvidar, a marxe alta das Pias, de recente reconstrucción, e o meu parecer rapida a mesma pero sen ideas, pois de darlle altura que permitira a navegación, Megasa disporía nistes intres de saida o mar, e a descarga da chatarra, asi como a comunicación cos asteleiros da ria.
      O que queira exemplos,a vista e o “aroma”, os ten nunha Ria, que algúns están empeñados en facela Rio.
      Pola miña parte, noraboa cabaleiros.

Comments are closed.