Alquitrán vs. Xylazel


Os amigos de Lajareu están a remodelar o seu blog incorporando novos contidos e albúms de fotografías. O tema do seu último post é sobre que tratamento darlle á madeira da dorna: alquitrán de brea ou sintéticos? e xa empeza a haber comentarios sobre un tema tan discutido.

Actualización: Nos albúms de Lajareu hai varias fotos dun barco que acaban de conseguir, parece que se trata dun bote salvavidas dun pesqueiro vasco dos anos 60-70, e que fora adquirido por un armador de Aguiño como parte dunha baca.
Este bote está pendente de restaurar pero cun tratamento protector de alquitrán e pode ser visto no galpón de Lajareu.
Arriba está a foto do seu traslado desde o vello almacén no que estaba arrumbado.

Etiquetas