Aniversario da Fe em Deus

O pasado día 15 de setembro estivo de aniversario a lancha poveira “Fe em Deus”. Hai xa 14 anos que foi construida por iniciativa do Museu de Etnografía e Historia da Póvoa.
Os nosos parabens aos amigos da Póvoa de Varzim, e o desexo de moitas singraduras.

Os que non temos a sorte de tripulala, sempre poderemos construir o seu modelo a escala en papel, ler unha entrevista realizada o pasado 2004 a Manuel Lopes,ex-director do Museu, con motivo dunha arribada na Guarda, ou agardar a novos encontros para poder vela coa vela ao vento.

Etiquetas