Apoia ao Hidria a través da FGCMF

Para os que teñen problemas técnicos para apoiar economicamente a volta do Hidria a Galicia a través de Lánzanos.com a FGCMF abre a posibilidade de facelo a través dunha conta bancaria.

Quen o desexe pode ingresar o seu donativo na conta 2080 5414 61 3040112023 facendo constar o seu nome e no concepto “Apoio Hidria”, e logo enviar un correo electrónico a fgcmf@culturamaritima.org confirmando o ingreso para así ter un medio de contacto con esa persoa.

A FGCMF comprométese a transferir os ingresos a través de lánzanos.com ao Hidria, e caso de que non se acadasen os 6000 euros a devolver eses ingresos aos doadores. Por suposto os ingresos constarán a nome dos doadores excepto que a persoa indique explicitamente o contrario.

Neste momento hai recadados 1370 euros en lanzanos.com, o 22% dos 6000 precisos para traer de volta o Hidria a Galicia, e restan 48 días para acadar a cifra total.

Un comentario sobre “Apoia ao Hidria a través da FGCMF

  1. Moitísimas gracias, estamos intentando salir desta de moitas maneiras. Esperemos que algunha funcione. Gracias de novo, vos botamos moito de menos.

Comments are closed.