Arcade. A memoria do mar

O proxecto A memoria do mar chega a Arcade. Os técnicos do Museo do Mar estarán en Arcade os días 28, 29, 30 e 31 de Xaneiro en horario de 11 a 14 horas e 16 a 18:30 horas no local da Confraria de Arcade a disposición dos interesados.
Lembrámosvos que os técnicos do Museo do Mar estarán nas confrarías de 25 localidades da costa dixitalizando fotografías. Toda persoa interesada en participar coa Memoria do mar só terá que se achegar á sede da confraría da súa localidade nas datas sinaladas, e levar as fotografías para escanear, que lle serán devoltas no mesmo lugar. En compensación pola colaboración, cada persoa recibirá un CD coas súas fotografías dixitalizadas.
Unha vez finalizado o proxecto, montaranse unha serie de exposicións que permitan ás poboacións mariñeiras apreciar o seu patrimonio.

Etiquetas