Arde Rande 2015. II Festa de conmemoración da batalla de Rande

O vindeiro sábado 17 de outubro vai ter lugar no Meirande a II Festa de conmemoración da batalla de Rande, organizada pola Asociación Cultural y Deportiva de Rande. Entre os actos programados haberá unha concentración de embarcacións tradicionais a partir das 12:30 h no peirao do Alemán (o lado do Meirande).
Ademais da concentración de barcos haberá visitas guiadas ao Meirande, artesanía, obradoiros, teatralizacións, música, e pecharase pola noite coa recreación da batalla con fogos de artificio.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *