“Arde Rande” IV Festa de conmemoración da Batalla de RANDE, 19 a 21 de Outubro

Programa 2017:
Festa que conmemora a batalla acontencida no ano 1702 no estreito de Rande e dentro da ensenada de San Simon, que enfronto aos navíos da coalición anglo-holandesa e hispano-francesa, dentro do contexto da Guerra de Sucesión Española, e que culminou coa vitoria inglesa. Ao longo de dúas xornadas, días 20 e 21 de Outubro, veciños e visitantes, nenos e maiores poderán gozar e retroceder no tempo grazas a esta festa que rememora esta famosa contenda naval.
Xoves 19, nesta xornada previa terá lugar ás 19.00 hora a presentación da IV Festa dá Conmemoración dá Batalla de Rande e unha mesa redonda sobre o estado da investigación da Batalla.
Venres 20, a partir das 20.00 horas terá lugar a teatralización e o desembarco das tropas anglo-holandesas na praia de Cesantes.
Sábado 21, a partir das 10.00 horas comezará a xornada de portas abertas no Museo Meirande, e os presentes poderán gozar cos talleres, os postos de artesanía e as alboradas e degustar deliciosos pratos típicos e manjares nos postos de comida instalados para a ocasión.
Ás 12.00 horas terá lugar a concentración de embarcacións tradicionais no peirao de Meirande e ao mediodía celebrarase unha comida a prezos populares.
Ao longo de toda esta xornada veciños de Rande e o grupo Escuadra 17 levarán a cabo representacións teatralizadas da famosa batalla.
A festa finalizará coa recreación da Batalla e un gran espectáculo de lumes acuáticos.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *