Ardentía 7

No pasado Encontro Luís Rei, director de Ardentía, fixo a presentación pública do número 7. Como cada dous anos Ardentía volveu aparecer co Encontro, e como é obvio os temas principais deste número son o Freixo e a carpintería de ribeira.

Hai neste número artigos sobre Outes, sobre como as actividades ligadas ao mar marcaron o desenvolvemento urbano de Muros e Noia desde a Idade Media, sobre a construción naval no Freixo e outro sobre as motoras construídas no Freixo para Ferrol. Temos tamén dúas historias de vida, unha dun mariñeiro do Freixo, e outra do ultimo pescador con lancha no Miño no tramo de Castrelo de Miño antes de que fose asolagado para facer un encoro, e de rio tamén temos outro artigo sobre o Rego do Batán, na chaira luguesa. De Portugal cheganos un artigo sobre o estaleiro de Purro e outro sobre as peixeiras de Esposende. As illas da ría de Vigo, a iconografía mariñeira de Santa María de Caldas e o encontro de Carril son os temas doutros tres artigos. E por suposto as habituais seccións de Atalaia, Sino de Proa e Pintores do mar, dedicada esta última a Prudencio Canitrot.

Está previsto que agora que vai chegando o tempo de invernía se fagan algunhas presentacións deste número de Ardentía. Iremos informando delas conforme se vaian confirmando. Mentres tanto pódese conseguir a revista nos lugares de costume.

Etiquetas