Ardentía. Concurso fotográfico

Estamos a buscar unha fotografía que resuma os dous ultimos anos de eventos para a portada do próximo número de Ardentía, e por tanto imos convocar un pequeno concurso fotográfico.
Os interesados deben enviar unha fotografía en color con suficiente resolución para imprenta (mínimo 2 MB), ao correo fgcmf@culturamaritima.org, indicando no asunto “Portada Ardentia”. O prazo finaliza o 31 de maio de 2009.
O tema das fotografías será o Encontro de Ferrol, Nabeira, Brest, ou Muros.
A fotografía escollida será portada de Ardentía, e o autor recibirá 12 exemplares da revista, que lle serán entregados no IX Encontro.
O xurado estará composto polo director de Ardentía, un membro do consello de redación do Apupo e o responsable desta web.
O autor da fotografía cede en forma non exclusiva os dereitos de uso para as publicacións da FGCMF.
A participación implica a aceptación destas bases.