Ardentía nº 5 á venta


Acaba de sair o novo número de Ardentía, o 5. pódese adquirir no stand da FGCMF no Pavillón do Museos ao precio habitual de 9 euros.
Este número está adicado ao Muros e fai un repaso do sucedido en Ferrol e Brest. Hai artigos sobre Muros sobre o IX Encontro e sobre ao patrimonio muradán (incluido un documento gráfico inédito sobre os barcos e artes de pesca de Muros no XIX), sobre o VIII Encontro (Ferrol 2007), sobre Brest08, eventos nos que participou ou organizou a FGCMF desde a publicación do ultimo número de Ardentía (o 4), e logo hai artigos sobre Raxó no 1951 acompañado de fotografias en cor dese ano, sobre os pailebotes no comercio de cabotaxe acompañado de fotos de Juan Cancelo, sobre o uso do xeito no Grove, sobre a pesca fluvial, sobre a vida do ultimo arpoeiro galego, sobre o mar na obra e na vida de Ramón Cabanillas, e as seccións xa fixas de Letras na almadraba cun conto de Losada Diéguez, Pintores do mar sobre Abelardo Miguel, e Sino de proa coa recensión de literatura relacionada co mar.
Actualización: Podedes facervos unha idea sobre este numero de Ardentía vendo esta versión en pdf que contén o índice, a presentación, e a primeira páxina de cada artigo

Etiquetas

2 cometarios sobre “Ardentía nº 5 á venta

  1. Bo día:

    De que xeito se pode comprar esta publicación para os que nos esquecemos de facelo no encontro?.

    Grazas.

    1. Pronto empezaremos a distribuila nos puntos de venda habitual, e posiblemente se fagan presentacións públicas que anunciaremos con tempo.

Comments are closed.