Áreas marinas protexidas. Exposición e conferencias

Está a circular polos portos galegos unha mostra que pretende informar sobre as áreas marinas protexidas. Organizada polas Consellerías de Pesca e Medio Ambiente, fai uso dunha antigua goleta, a Nieves, que recorrerá parte do itinerario da exposición, e o resto farase por terra, en Pósitos e Locais sociais.
Mais información na páxina de novas da Xunta, onde está o itinerario completo coas datas correspondentes.

Etiquetas

Un comentario sobre “Áreas marinas protexidas. Exposición e conferencias

  1. O pailebote “Nieves” foi construído no ano 1918 en Broñas (Outes) e logo tomou o nome de “José Miguel Masiques” cando o comprou no ano 1946 a navieira barcelonesa de igoal denominación. Debe ser un dos barcos de vela en activo máis antigos construídos no noso país, xunto co “Eliseo”, galeón da Illa que están a recuperar os compañeiros de “Sueste” (Moaña) e o tamén galeón “Joaquín Vieta” con base en Muros (botado no Freixo en 1916). Parabéns para o actual armador do barco, o compañeiro Alfredo Fernández Prieto de O Grove, e ogallá que esta actividade tan necesaria contribúa á total rehabilitación do “Nieves”, unha das “xoias” do noso patrimonio marítimo.
    Noutra orde de cousas, parabéns polo completísimo sitio web que entre tod@s (con Xocas de mascarón de proa)estamos a argallar.
    Saúde
    Dionísio Pereira

Comments are closed.