Arrincan esta semana unhas travesías polas ‘Ondas do mar de Vigo’ para difundir as cantigas de Martín Códax

Esta semana arrinca un ciclo de travesías marítimas por ría de Vigo que ten por obxectivo difundir o legado das cantigas do trobador medieval Martín Códax e que serve como complemento á mostra ‘Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas’, que se exhibe desde o pasado 10 de outubro no Museo do Mar de Galicia.

A iniciativa está organizada pola Consellería de Cultura baixo o título de ‘Ondas do mar de Vigo’, o título do verso co que dá comezo a primeira parte das sete cantigas de amigo que conforman o Pergamiño Vindel.

A primeira das oito travesías programadas será o vindeiro sábado 28 de outubro. As viaxes repetiranse os sábados e os domingos dos seguintes tres fins de semana con saída desde o porto do Museo do Mar de Galicia.

O traxecto terá unha duración aproximada de tres horas e repasará o enclave que inspirou os versos do trobador medieval: ría de Vigo e a súa contorna.

Tras partir do Museo do Mar, a embarcación percorrerá a ensenada de San Simón, o estreito e a ponte de Rande, o Museo Meirande e a illa de San Simón.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *