Artes de pesca: pescadores, normas, objetos instáveis. Exposición

Desde o pasado día 3 está aberta no Museu Nacional de Etnologia en Lisboa a exposición Artes de pesca: pescadores, normas, objetos instáveis. Esta exposición nace dun traballo de campo de investigación feito a partir de 2004 no que se percorreu moita da costa portuguesa e se recolleron materiais que agora se xuntan aos xa presentes no museo desde 1960.

A recollida fíxose coa intención de que fose o máis ampla e diversa posible, para que permitise elaborar un cadro de clasificación para uso dos museos. Por isto último, o fio conductor da exposición é unha proposta de clasificación para as artes de pesca.

Pódense ver algúns dos objectos expostos a través de MatrizNet, o catálogo colectivo on-line dos Museus do Ministério da Cultura, onde se poden ver os fondos por museu, tema, data, etc. Neste caso o máis facil é ver o tema pesca. Non só o Museu Nacional de Etnologia ten fondos de pesca, paga a pena ver a base completa porque hai museos como o Museu Dr. Joaquim Manso que tamén ten uns fondos moi interesantes relacionados co mar.

Etiquetas