As cetáreas e as argaceiras nas nosas costas (precursores dos cultivos mariños). Conferencia


O vindeiro sábado 26 de maio ás 20:00 h no Mercado da Tia Ni, en Sabarís, vai ter lugar a conferencia As cetáreas e as argaceiras nas nosas costas (precursores dos cultivos mariños) a cargo de José Antonio Urís Guisantes.
José Antonio Uris Guisantes é natural e residente do Concello da Guarda, investigador, mestre, e agora divulgador sobre cultura marítima. Na actualidade, xa xubilado, é secretario da asociación cultural “Pedra Furada”. Colabora e publica as súa investigacións en galiciasuroeste.info
Esta conferencia forma parte dun ciclo organizado polo Clube Marítimo Marisma da Ramallosa que ofrecerá unha conferencia cada mes ata o mes de setembro.

Etiquetas