As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro a Ribadeo. Libro


O vindeiro 13 de marzo, ás 20:00 horas vaise presentar o libro As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro a Ribadeo na Galería Sargadelos de Ferrol. Este libro, feito por Bernardo Máiz e Enrique Freire, recolle os materiais da exposición do mesmo título, corrixidos e aumentados, da que temos falado anteriormente. O libro está editado pola editorial Embora, de Ferrol, e a presentación correrá a cargo de María Jesús Durán.

Actualización: Neste pdf podedes ver o índice, prólogo e introducción deste libro, o que vos permitirá facervos unha idea do contido e deseño. Agradecemos a Edicións Embora a súa amabilidade.
Reseña en La Voz de Galicia

Etiquetas