As previas do XII Encontro

Estas son as actividades previas ao XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, Cabo da Cruz 2015:

05 de xuño ás 21:00h. Centro Social de Cabo de Cruz. (Boiro):

Proxección Audiovisual do documental: “Cabo-Terranova: Unha ollada dende o Argus”. Será comentado por Xurxo Souto coas vivencias e anécdotas de mariñeiros que traballaron en Terranova e no Gran sol.
Baile do Pobo (de gala) para diversión de todos os veciños amenizado por un coñecido DJ.

13 de xuño 13:00h. Cantón da Leña en Pobra do Caramiñal:

”Aquario” Teatro Gazafellos

20 de xuño ás 18:30h. Museo do Mar en Rianxo:

Mesa redonda sobre a Etnografía do mar

27 de xuño todo o día en STª Uxía de Ribeira:

Xornadas de animación infantís ao redor do mar

Como noutras ocasións, estas actividades serven para dar a coñecer o Encontro no Barbanza, a zona onde vai ter lugar.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.