As técnicas dos carpinteiros de ribeira serán Ben de Interese Cultural

Cultura vai iniciar os trámites necesarios para declarar o proceso construtivo e o coñecemento técnico experto tradicional da carpintería de ribeira como Ben de Interese Cultural. Anxo Lorenzo, o Secretario Xeral de Cultura, fixo o anuncio na presentación do XI Encontro á prensa, que tivo lugar onte 4 de xullo no Concello de Outes.

Un dos relatorios da Xornadas Técnicas incluídas no programa do Encontro está a cargo de persoal da Secretaría Xeral de Cultura que vai explicar os pasos que vai seguir o procedemento que unha vez rematado creará un marco que permitirá un inventario rigoroso de tipoloxías. Algo que a FGCMF ven demandando desde o seu nacemento hai 20 anos.

A noticia na Voz de Galicia

(Imaxe Patexeiros)

Etiquetas