Asteleiros Triñanes é candidato aos Premios Nacionais de Artesanía

Acaba de facerse pública a lista de finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía e entre eles atópase Asteleiros Triñanes. A FGCMF ven colaborando asiduamente con Gerardo Triñanes dado que é o presidente de Agalcari, e sabemos da súa profesionalidade e bo facer. O gañador do premio saberase o vindeiro ano no acto de entrega. Os nosos parabéns a el e ao seu equipo por esta nominación que en si mesma é xa un premio, e o desexo de que acade o Premio.

Tamén está nominada na categoría Premio Promociona para entidades públicas a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, coa que tamén colaboramos moi satisfactoriamente en varias ocasións como no Encontro de Carril ou na pasada presenza en Brest da FGCMF. Tamén lle desexamos á Fundación que acade o premio.

Estas dúas nominacións son proba da que o sector da artesanía conta con activos importantes en Galicia, e que pouco a pouco estase a conseguir darlle á artesanía o lugar que merece.

(Na imaxe de arriba móstrase a “tripulación” de Asteleiros Triñanes, sen Gerardo)

Etiquetas