Astilleros Lagos. Desde 1915


Na ría de Vigo hai un estaleiro no que se construiron lanchas como a que vedes arriba, no que ainda se construen lanchas e veleiros de diseño propio.
Astilleros Lagos foi fundado por Fernando Lagos en 1915, que se formou como enxeñeiro eléctrico e arquitecto naval no Reino Unido, e logo de retirarse o seu labor foi continuado polos seus fillos e netos.
A súa nova web ten moita información e fotografías de interese, que permite facernos unha idea dos traballos feitos e dos tipos de barcos que fan actualmente.
Recomendamos ver a semblanza de Juan Lagos que Alfredo Lagos, neto do fundador, fai do seu tio e que nos fai viaxar polos últimos 50 anos da náutica de lecer galega.

Etiquetas