Astilleros Nereo en perigo. Colabora


Astilleros Nereo está baixo ameaza de derriba. Quen veu en directo unha lancha de jábega malagueña de seguro non esqueceu a súa fasquía, son barcos que chaman a atención, e as súas tripulacións tamén deixaron en nos uns moi bos recordos, tanto nos nosos encontros como no seu encontro Marengo. En Nereo é onde se construen e manteñen estos barcos, e no barrio de Pedregalejo, onde está o estaleiro, é onde vive a comunidade que ata agora foi quen de manter viva está actividade.
Debido a un proxecto urbanístico é posible que desapareza o estaleiro, a pesar da súa inclusión como “Actividad de Interés Etnológico” no Catalogo General del Patrimonio Histórico Andaluz, porque non está protexido o entorno no que ten lugar a actividade. Xa está a información pública a licitación das obras de remodelacion da zona, e a Plataforma para la Defensa de la Carpintería de Ribera de Astilleros Nereo como Patrimonio Histórico Andaluz fai un chamamento para que se presenten o maior número de alegacións posibles ante a Demarcación de Costas antes de 20 días. O obxectivo é conseguir modificar a catalogación dos estaleiros delimitando o territorio que lle afecta, xa sexa como lugar de interés etnolóxico ou BIC.
Ademais de escribindo a Costas (Dirección General De Puertos Y Costas Delegación Provincial.
Paseo de la Farola 12, 29016, Málaga. 952 211 537), pódese apoiar a iniciativa a través do web creado para a ocasión: A Flote.

Mais información en:

El mar es el camí
Observatorio del Patrimonio Histórico Español
El País
La Taberna del puerto

(Foto tomada de El mar es el camí)

Etiquetas