Astilleros Nereo está a salvo

A Comisión de Urbanismo da cidade de Málaga acaba de decidir por unanimidade a preservación de Astilleros Nereo, que estaba en perigo debido a un proxecto urbanístico que tiña proxectado o paso dun paseo marítimo polos seus terreos.

A actividade deste estaleiro foi incluída no Catálogo del Patrimonio Histórico Andaluz, pero incomprensiblemente a pesar disto estivo en perigo de desaparición ata agora. Esta é unha excelente noticia para todos, e desde a FGCMF queremos felicitar á familia Sánchez Guitard e a todo o barrio de Pedregalejo por este éxito.

No web de Nereo hai abundante documentación sobre a actividade do estaleiro, e abaixo pódedes ver o video de Jorge Peña sobre Nereo que recentemente gañou o Festival de Cortos de los Baños del Carmen.

Etiquetas

Un comentario sobre “Astilleros Nereo está a salvo

Comments are closed.