Aumentan os visitantes ao Museo Massó no 2013

Segundo o Faro de Vigo case 16.000 persoas visitaron o Museo Massó o pasado ano. En 2012 só foran 12.826. Un dato importante sobre estas visitas é que máis de dous terzos das visitas deste ano (10.835) foron individuais, non orixinadas por visitas de grupos de escolares, xubilados, etc. Isto é dificil de conseguir e mostra a calidade do traballo do museo e o interese que o patrimonio marítimo ten para o público en xeral. Os nosos parabéns a todo o persoal do Museo Massó.

Pero non todo son boas noticias, estes datos contrastan cos que recentemente fixo públicos La Voz de Galicia sobre visitas aos museos galegos no pasado ano, que en xeral mostran diminucións importantes de afluencia. En Culturagalega.org recollen esta noticia e contextualízana na tendencia xeral dos últimos anos xa sinalada polo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura e o Consello Galego de Museos.

(Vía Salvemos o estaleiro)

Etiquetas