Avance lexislativo. Paso a 6ª lista de barcos de pesca

Segundo carta do Director General de la Marina Mercante, vai ser posible pasar barcos de 3ª lista a 6ª lista cando remate a súa vida util como pesqueiros.
Esta é unha moi boa nova, xa que son moitas as asociacións e institucións que ata agora tiñan problemas para foliar os barcos que recuperaban para actividades distintas da pesca, lecer ou pesca deportiva.
O único requisito que parece imprescindible é o informe favorable da Secretaría General de Pesca Marítima.
Esta noticia é resultado das xestións realizadas na xuntanza que tivo lugar durante o pasado Salón Náutico de Barcelona.

Etiquetas

8 cometarios sobre “Avance lexislativo. Paso a 6ª lista de barcos de pesca

  1. Esta é unha boa nova, pero ten a súa cara oculta que pode que o entusiasmo inicial co que se acolle non nos deixe ver a letra pequena.
    É este un paso adiate na recuperación de embarcacións, pero:
    – Pasamos as asociacións a declarar a facenda como empresas, por estimación obxectiva, é decir, gastos-ingresos?
    – Os barcos de 6ª lista non os pode patronear calquera, polo que se nos limita a navegación, porque cal é o titulo necesario para o manexo de embarcacións de 6ª?
    Parece que temos debate.
    Saúde

    1. Non é o que queremos, pero a miña REFLEXIÓN e a seguinte:
      Un barco de 6ª pode levalo calquera igual que un da 7ª, hai que ter titulo. De feito as empresas alugan barcos con ou sin patrón, soio hai que acreditar a titulación, hasta 12 m vale o PER.
      O de facturar, e moi relativo, nadie obriga a unha empresa a ter actividade, soio ten que ser empresa. A cuestión está na consideración de que unha ASOCIACIÓN, desenvolve ACTIVIDADE, como así é, outra cousa e que esta sexa con fin de lucro ou non.
      O meu punto de vista e que a DGMM. reconoce que as ASOCIACIÓNS desenvolven actividade, outra cousa e que teñan lucro, incluso outra cousa e que cheguen a facer facturas.
      O BO e que si estamos na 6ª, podemos adicar as embarcacións a promoción e divulgación (Xuntanzas …. cursiños ..) -outra cousa é que cobremos por isto, ninguén nos pode obrigar- NON O LECER como ata agora que estamos 7ª(única alternativa). Como se podían facturar cursos de divulgación? … ILEGALMENTE, con un barco ILEGALMENTE UTILIZADO
      Esta consideración abre a porta a recuperar e utilizar barcos da 3ª afectados por desguaces e sobre todo abrea a porta a legalizar CORRECTAMENTE as embarcacións das Asociacións. Porque, e pregunto? algún de vos ten nos seus estatutos que a asociación se adicará o LECER dos seus asociados, ou a Promoción, divulgación …… e etc.
      Por outra banda Lino. No momento en que superas os 3.000 euros en axudas ou actividades, XA ESTÁS OBRIGADO A FACER O IMPOSTO DE SOCIEDADES, e cousa de tempo que escomencen a darnos leña dende “hacienda”.
      Esta carta non é o mellor pero pode chegar a ser unha vía.
      MAIS OPINIÓNS.

      Saúde

      Fernando

  2. La carta del director de la DGMM es contestación a una solicitud de la federación catalana de la que desconocemos como la ha planteado.
    Estar en 6ª lista conlleva, si no hay negocio ó lucro, más problemas que ventajas y según el uso al que va destinado la embarcación, como cursos de navegación, pesca, excursiones, etc, se exigirá que el patrón tenga título profesional además la embarcación tendrá que pasar muy a menudo por las ITB, inspecciones técnicas de buques, con normas de seguridad exigentes.
    Lo positivo de la carta es la buena predisposición a buscar soluciones y también indica su desconocimiento por el número de embarcaciones tradicionales existentes, cuando descarta la creación de una nueva lista.
    Hay que ver como lo han planteado los catalanes.
    Oswaldo Davila

    1. Ben dice Oswaldo, que nos obrigaría a pasar ITB,s coa frecuencia que a lei establece. Pero abrimos un marco de presencia. Posibilidades de exencións, etc.
      Como dice Oswaldo. O importante e que recoñecen a nosa existencia e decir recoñecen o problema e despois tamén digo.
      Que a administración quere comprobar que somos bos, e decir, que as nosas embarcacións estan perfectamente coidadas e en condicións de sair o mar.
      O problema está na socidade actual que quere supervisar.
      Os mortos de hoxe saen nos periodicos mais que os de antes, e imaxinadevos un titular na prensa por un accidente nunha embarcación de mais de 50 anos que estivera en mal estado. Vivimos nunha sociedade que pretende levarnos da man e vixiarnos constantemente por si somos malos. De quen é a culpa
      Fernando

      1. Penso que o realmente importante sería saber as condicións nas que habería que estar na lista, como un barco normal ou nunhas condicións especiais.
        A un coche histórico non se lle esixen airbags. Do mesmo xeito habería que negociar as condicións dos barcos históricos/tradicionais.
        Parece que todo o que sexa modificación normativa non lles parece moi facil, polo que haberá que ver se teñen marxe de manobra para tratar os nosos barcos sen a creación dunha nova lista.
        En todo caso, as cousas estanse movendo, e eso é positivo.

  3. Pódovos decir que é bastante frustrante ter un barco amarrado a porto no que hai que investir cartos,(moitos cartos) de seguido nel. É frustrante ver como se deteriora, como se rompe sen poder disfrutar del.

    Se con isto podemos legalizar o barco para sair nel, as inversións terían mais sentido; é mais, incluso coa opción que nos propón a Dirección Xeral, poderíamos explotar os barcos dunha maneira económica e así facerse cargo dos elevados costes de mantemento que xeneran algunhas embarcacións. Se para isto hai que dar contas ao fisco pois terase que dar; como di Fernando todo é cuestión de tempo.

    Penso que é unha boa opción esta que se nos brinda, non a mellor, pero existen situacións, coma o caso do Platuxa, que estaban chegando ao punto de insoportables economicamente falando.

    POR FAVOR, MAI OPINIÓNS…
    UN SAÚDO

  4. De todas maneiras…

    Sigo sen entender por que non se pode e que problemas administrativos podería acarrexar pasar un barco da 3ª á 7ª lista…

    Se eu, como particular, quero “salvar” un barco do desguace para dedicalo ó meu lecer, sigo sen podelo facer. Ou me fago mariñeiro profesional ou nada…

    1. Bueno: porque non deixan pasar libremente un barco da 3ª a 7ª ?. Non hai problema, podes pasalo. Pero ollo, sin axudas para construir o novo. Calquera pode mudar un barco de lista, pero as axudas a modernización da flota son para eso, modernizar a flota, entón tes que acabar co barco, ou sinon: problemas coa axuda.

      Non sei si alguen pode axudar no tema, por eso pregunto no medio da afirmación:

      Pasar as ITB.
      7ª Lista empresa privada que se adica a eso, por un precio
      6ª Lista, funcionarios de Capitanía, por unha tasa
      ALGUÉN SABE OS PREZOS DE UNHA MAIS OUTRA?

      Foliar na 7ª: pago de impostos por lecer
      Foliar na 6ª: pago impostos por traballo: mais baratos?.

      Si quero dar un curso ou facer xornadas:
      Na 7ª: legalmente non podo.
      Na 6ª: Para eso está.

      O gasoleo:
      Na 7ª: Como na Gasolinera
      Na 6ª: No porto, bonificado, profesional.

      ALGUÉN PODE SEGUIR OU INCLUSO CORREXIR O ANTERIOR.

      por certo, Tranquilos, na Comandacia de Vilagarcía están a ver a Carta de M. Mercante, de entrada, non están e acordo con ela, pero ….: Manda quen manda.

      Saúde
      Fernando -Cambados

Comments are closed.