Avances no futuro do estaleiro da Banda do Rio

A Direccción Xeral de Patrimonio acaba de enviar ao Concello de Bueu un documento base cos criterios técnicos que deberá cumprir o proxecto de recuperación do estaleiro da Banda do Rio, a de Purro.
Patrimonio aposta pola conservación principalmente, máis que pola restauración, rehabilitación ou reintegración, sen que estas sexan desbotadas totalmente. O obxectivo é facer do estaleiro un espazo cultural visitable no que se interprete o estaleiro e a actividade de construción naval en madeira.
Parece que se vai facer un concurso de ideas no que o xurado estará integrado polas administracións implicadas, os axentes sociais, e recoñecidos expertos na materia.

A noticia no Faro de Vigo onte e hoxe

Actualización: O Concello de Bueu está disposto a convocar concurso de ideas sempre que haxa implicación en firme das outras administracións no financiamento. Noticia no Faro de Vigo do 22/03/2012

(Vía Salvemos o Estaleiro)

Etiquetas