Avanza o proxecto “Carpintería de ribeira. Estratexias innovadoras”

Xa está disponible o web de Carpintería de ribeira. Estratexias innovadoras. Un proxecto que pretende axudar a mellorar a situación do sector en Galicia, mediante unha análise actualizada das necesidades das empresas que ainda existen e das posibilidades de renovación técnolóxica, da elaboración dun manual de boas prácticas medioambientais, e do estudio das necesidades de formación (con especial atención á igualdade de xénero).
Os destinatarios do proxecto son as PEMEs do sector en Galicia, pero os materiais que se poden ver no seu web son de interese para todos. Ademáis dunha completa listaxe, con fotos, de talleres activos, e un directorio de enlaces, ofrece documentos como os da visita que fixeron a Noruega, estudios históricos sobre o sector, ou presentacións das últimas técnicas de construcción en madeira.
Recomendamos a lectura de todos estos documentos, pero especialmente de “Capintería de ribeira en Galicia. Presente e futuro” pola súa visión proactiva do futuro do sector.

Etiquetas