Axuda para identificar un estaleiro

Pídennos axuda para poder identificar o lugar que aparece na foto. Parece que é un estaleiro situado en Galicia, pero non se sabe ningún dato máis.

Etiquetas

8 cometarios sobre “Axuda para identificar un estaleiro

  1. …O do Manco en san Adrián…Recoñezo que nunca escoitei falar del. No caso de ser así, ese muro do camino de baixada, inda sería a actual baixada, pero a carpintería haberá moitos anos que desapareceu, e de feito, inda que abandonada creo que hai una casa de ladrillo diante do muro de pedra, aparte de que hoxe en dia cando chegas a explanada, o peirado remata en rampla. ¿pódeslle preguntar a algún vello?
    Grazas pola axuda.

  2. Esto que sae na foto é Domaio. A carpintería de Lemos. Estaba situada na baixada ao muelle e no seu lugar, desviado uns metros, hoxe levántase o centro de saúde.
    Onte estiven por alí comparando:
    Os montes coinciden, eso si, cheos de alcolitos. O mais alto que sae na foto, alá ao fondo, é o Faro de Domaio.
    A edificación da dereita de todo tamén, so que agora ten outra planta máis.
    Os chabolos que hai mais ou menos no centro da imaxe siguen como están.
    A casa que hai detrás do estaleiro, no seu lugar hai un edificio, ao outro lado da estrada.

    Tamén coincidín cun veciño, Luís de Casanova, que me confirmou que efectivamente era Domaio, e me informou que a carpintería era coñecida por estaleiro de Lemos.

    https://www.google.es/maps/dir//42.2840911,-8.6838659/@42.2841216,-8.6838272,48m/data=!3m1!1e3

    1. Moitísimas Grazas Anxo, tanto pola información coma polas molestias. Unha información moi boa. Pouco a pouco imos facendo -e recuperando- memoria. Deduzo que a foto ten que ser alá por mediados dos anos 50 do pasado século.
      Eu a foto paseilla a Xocas escaneada ca mellor calidade que puiden, asique se queres podes imprimi-la en papel-foto na impresora que sae de boa calidade.
      Se che interesa saber do orixinal, téñeno na tenda Foto Iris de Sabarís (Baiona); teñen un arquivo antigo dunhas 1000 fotos, incluidas algunhas do famoso “Vuelo Americano” da Ría de Vigo e Val Miñor.
      Unha forte aperta e de novo, meu agradecemento.

  3. Corroboramos o dito anteriormente por Anxo. Efectivamente é Domaio – Moaña e o estaleiro que se ve é o de Lemos. Desaparecido hai xa bastantes anos. Pola outra banda do peirao vese o pau dun galeón. En Domaio houbo varias empresas de galeóns que se dedicaron, especialmente, ao trasnporte de área e pedra, aínda que tamén a outro tipo de mercadorías.
    A casa que se ven enriba coñecíase pola de “Filgueiras”, fora mandada facer por José González González (de Pastora de Conde), as edificacións á dereita era a fábrica de salazón, precidamente onde estivo o reaturante “O Xantar de Mónica”.
    José González González foi armador de galeóns: O “Nuevo San José”, chamado despois “Lojo” que existe aínda coma barco beteeiro en Moaña, e o “Primavera”.

    1. Moitas grazas Sueste. Moi Agradecido pola vosa información. O mesmo agradecemento a vos que no caso de Anxo.
      Ánimo e non cedades. Conservar as carpinterías de Ribeira é conservar a nosa memoria e cultura. Os que protestan descoñecen o significado destas dúas palabras.

  4. Ese asteleiro, no muelle de Domaio (Foto de a principios dos 50)pertenecía a José Ferradás, irmán de Benito Ferradás.
    O asteleiro que se menciona (de Lemos) está en activo ainda, o outro lado do muelle, sendo o actual propietario Vicente Ferradás.
    Saludos

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *