Balbina. O último patexeiro. Blog

Balbina, o último patexeiro xa ten blog propio. Os Patexeiros de Sada acaban de abrir un novo blog adicado ao seu barco insignia, o Balbina, un patexeiro de 1944, con 11 metros de eslora e un motor Larrán de mechas, e que ainda conserva o tinteiro e enfogonadura do seu aparello latino.
No blog podedes seguir os traballos de restauración deste barco tan especial. Este tipo de barco adicábase á pesca do patexo cun aparello de arrastre. O patexo era usado maiormente como esterco para as terras ou como engado para outras pescas.
No último post os Patexeiros dan noticia do arranque do Larrán, un motor de mechas de 1958, que xa en si mesmo é unha peza valiosa do noso patrimonio marítimo.

Etiquetas