Baleeiros do Norte

O venres 22 e o sábado 23 ás 19:30h vaise proxectar no Museo Massó o documental Baleeiros do Norte, con guión e dirección de Francisco Garrido.
Este documental aborda a caza da balea en Galicia, abarcando un período que vai, aproximadamente, de 1950 a 1986. A primeira parte está dedicada a baleeira de Cangas mentres que a segunda céntrase na de Caneliñas (Cee). Imaxes antigas xuntanse con outras do estado actual das factorías, e serven como marco a numerosas intervencións dos traballadores daqueles anos, nas que estes rememoran e dan vida a unha época xa pechada.

Etiquetas