Barcelona Ciutat Port. As transformacións do litoral

A partir do proxecto de reforma do Port Vell, en Barcelona, os veciños da zona movéronse para intentar parar unha reforma que alonxaría máis o mar da xente de Barcelona e suporía a desaparición de importantes elementos do patrimonio marítimo barcelonés.

Para apoiar ese movemento veciñal creouse Ciutat Port, unha investigación que buscaba comprender o que estaba sucedendo no frente marítimo de Barcelona. O estudo da situación puxo de manifesto a existencia de máis dunha ducia de proxectos na franxa marítima de Barcelona que terán un forte impacto social, cultural e económico.

Ciutat Port acaba de facer públicas as conclusións da investigación, que básicamente constatan que os proxectos estudados non manteñen o equilibrio entre as actividades turísticas e a cotidianeidade veciñal. Non respectan o patrimonio paisaxístico e cultural, e proxectan a imaxe dunha cidade ao servizo de intereses particulares e non do común da cidadanía. Por outro lado pregúntanse cales poden ser os axentes, grupos ou individuos, detras de todos estes proxectos que entre outras cousas son capaces de conseguir modificacións que os favorecen na Lei de Costas ou no Pla d’Usos de Ciutat Vella.

No web de Ciutat Port poden verse fichas de cada un dos proxectos estudados, con información sobre os confictos xenerados por cada un e con referencias a documentos relativos ao proxecto. Tamén se pode consultar a catalogación feita de 130 elementos do patrimonio do frente marítimo de Barcelona, e os artigos do número extraordinario da revista Biblio3w dedicado ao seminario Estratègies i conflictes en el port i el front marítim de Barcelona

Etiquetas