Barco de pasaxe, non sen el. Video

Mañán venres 20 de xuño de 2008, ás 22.30 horas, na Praza da Casa do Concello de Moaña (As Barxas s/n. Moaña) terá lugar o Acto de presentación dos documentais realizados, nas comarcas do Morrazo e do Baixo Miño, ao abeiro do proxecto Contámolo Nós – o audiovisual como ferramenta de desenvolvemento local- titulados
Barco de pasaxe na Ría de Vigo. Non sen él. (Realizado por mozas e mozos do Morrazo). Curta documental que mostra o valor histórico e social do transporte de pasaxeiros en barco entre Cangas, Moaña e Vigo.
Memorias.- (Realizado por mozas e mozos do Baixo Miño). Curta documental, profundamente emotivo, que narra as tráxicas vivencias de familiares de persoas represaliadas no Baixo Miño polo franquismo.
Bernardo Maiz, historiador e persoa entrevistada no documental do Morrazo, fará unha presentación das dúas temáticas abordadas.

Etiquetas