Barcos antiguos de Corme


Eliseo Puñal e Jose Ramón Varela, acaban de facer unha páxina sobre os antigos barcos de Corme e o tráfico marítimo dese porto.
Corme, caracterizouse por ser base dunha notable flota de cabotaxe, e por ser un dos lugares con maior número de patróns por habitante.
Esta listaxe de barcos vai acompañada de fotos dalgúns deles, e de datos sobre sobre os barcos, os seus constructores e as súas tripulacións.
Este traballo é unha valiosa fonte de información sobre uns barcos e uns homes sobre os que non se publican moitas obras.

Etiquetas

Un comentario sobre “Barcos antiguos de Corme

  1. Alégrome de que haxa esta páxina. Por fin se fai xustiza ós cormeláns, que xunto ós da ría Muros e Noia foron os últimos en patronear barcos de vela na mercante. E iso que Corme é tan pequeniño hoxe que case non se conta como porto. Máis ben como portiño. Pero no pasado as cousas foron ben diferentes.
    Tempos aqueles cormeláns!
    Unha cousiña antes de rematar esta saúda. Tiven un tempo para andar a mirar algo das fotos e vexo un fallo. Trátase de que a foto do ” Antón” tomada , penso que do libro de Baña Heim ” La Costa de la Muerte “aparece repetida máis adiante para designar á outro barco. Ben, pode ser que fosen xemelgos pero creo que houbo un despiste aquí… E non pasa nada, que despistes así ténos calquera.
    Só rematar en que este exemplo se estenda a outros portos máis nos que hoxe son pouquiños en adiviñar a súa importancia como base de grandes barcos que levaron polo mundo adiante ó nome do seu porto galego. Eis o caso da propia Pobra do Caramiñal.
    En fin ,se queredes en Muros falaremos destas sombras do pasado que, con todo, resístense a morrer sen polo menos deixar o seu nome e as veces o seu retrato
    E qué menos digo eu !

Comments are closed.