Barcos en miniatura no Museo do Mar de Galicia

Vaise inaugurar mañá mércores 17 ás 18:30 o novo espazo do Museo do Mar de Galicia dedicado ao modelismo naval. Neste espazo mostraranse seis embarcacións tradicionais galegas e outras oito embarcacións históricas, das que a meirande parte foron construídas polo modelista Santiago Signo (1930-2010). A imaxe de arriba mostra un dos seus modelos, un galeón das rias de dous paus usado para a compra a flote de peixe. A estas maquetas hai que engadir as que xa neste momento mostra o Museo e que van ter un espazo mellorado.

(Imaxe Amonaga)

Etiquetas